Korzeniowski, Józef Teodor Nalecz
Korzeniowski, Józef Teodor Nalecz
(Berdicêv 1857 - Bishopsburne, Kent 1924) Escritor ucraíno. Coñecido como Joseph Conrad, a súa primeira novela titulouse Almayer’s Folly (1895). A súa visión do home é próxima á de Dostojevski, nihilista na concepción amoral da vida. Da súa extensa obra novelística e narrativa cómpre destacar An Outcast of the Islands (1896), The Nigger of the Narcissus (1898), Lord Jim (1900), Heart of darkness (1902), unha das obras máis coñecidas e na que se baseou Francis Ford Coppola para a súa película Apocalypse Now; Typhoon (1903), Nostromo (1904) e The Secret Agent (1906). Escribiu tamén memorias e comentarios críticos e ensaísticos. En galego publicouse a tradución de A liña de sombra (2000).