Kostunica, Vojislav
Kostunica, Vojislav
(Belgrado 24.4.1944) Político serbio. Licenciado en Dereito, foi profesor universitario ata 1974, ano en que foi expulsado. Presidente do Srpske Demokratska Stranka (SDS, Partido Democrático de Serbia) desde a súa fundación (1992), en 2000 foi candidato nas eleccións presidenciais pola coalición Oposición Democrática de Serbia, como alternativa á candidatura do presidente S. Milosěvić. A acción fraudulenta no reconto de votos provocou unha revolta popular que finalmente obrigou a Milosěvić a dimitir e, en outubro do mesmo ano, Kostunica foi investido presidente de Iugoslavia. A súa política orientouse cara á consecución da normalización da política interior e exterior iugoslava.