kota

kota
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos kota ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo kota.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de África ecuatorial que habita na rexión do río Ogué. Destacan especialmente as estilizadas figuras dos antepasados realizados polos kota, en madeira e recubertas de láminas de latón ou cobre cincelados.

  4. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Gabón e na República do Congo.