Kreisky, Bruno

Kreisky, Bruno

(Viena 1911 - 1990) Político austríaco. De orixe xudía e militante socialdemócrata, ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores (1959-1966) e chanceler entre 1970 e 1983, data na que dimitiu. Fixo unha política interior reformista e unha exterior de neutralidade activa.