krill*
krill*
s
m
[ZOOL]
Nome xenérico de certos crustáceos planctónicos da orde dos eufausiáceos, que constitúen o principal alimento de moitos peixes, aves e cetáceos. De pequeno tamaño (8 a 70 mm), son nadadores gregarios que se poden atopar na superficie e ata os 2.000 m de profundidade, segundo as especies. Utilizan as súas patas cheas de plumas para filtrar pequenas algas, como as diatomeas e teñen capacidade luminiscente relacionada posiblemente coa reprodución. Abarca unhas 90 especies.