Krogh, August
Krogh, August
(Grenaa, Xutlandia 1874 - Copenhaguen 1949) Fisiólogo e zoólogo danés. Estudiou zooloxía na Universidade de Copenhaguen. Dedicouse ao estudo da fisioloxía da respiración e ao metabolismo, e explicou o mecanismo da circulación capilar. Inventou o microtonómetro, para medir a proporción de osíxeno e anhídrido carbónico no sangue. Algunhas das súas obras son Intercambio respiratorio nos animais e o home (1916) e Anatomía e fisioloxía dos capilares (1922). En 1920 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina por descubrir que os capilares poden dilatarse ou contraerse segundo as necesidades de sangue dos órganos que irrigan.