Krujë

Krujë

Rrethi de Albania (607 km2; 59.997 h [estim 1993]). A súa capital é Krujë (13.600 h [1990]). Pola súa situación estratéxica foi o centro da loita contra os turcos dirixida por Gjergj Kastriota, chamado Skandërbeg, que cedeu o castelo en vasalaxe ao Rei Afonso IV de Aragón. En 1459 pasou a dominio veneciano, e en 1468 foi ocupada definitivamente polos turcos, que a fixeron o principal centro musulmán de Albania.