Kubala Steck, László
Kubala Steck, László
(Budapest 1927 -2002) Futbolista e adestrador húngaro. Co FC Barcelona conseguiu catro ligas (1951-1952, 1952-1953, 1958-1959 e 1959-1960), cinco títulos de Copa (1951, 1952, 1953, 1957 e 1959), a Copa Latina de 1952 e as Copas de Ferias de 1957-1958 e 1959-1960. Como adestrador dirixiu, entre outros, o FC Barcelona, o R.C.D. Espanyol e a selección española (Mundial de 1978). Recibiu o Balón de Prata e foi o único futbolista que xogou na selección nacional de tres países distintos (Hungría, Checoslovaquia e España).