Kuiper, Gerard Peter

Kuiper, Gerard Peter

(Harencarspel, Groningen 1905 - Mexico 1973) Astrónomo. En 1945 descubriu a existencia dunha atmosfera en Titán e dous anos despois demostrou a presencia de dióxido de carbono na atmosfera de Marte. En   1948 descubriu Miranda, satélite de Urano, e Nereida, satélite de Neptuno. En 1960 creou o Lunar and Planetary Laboratory na Universidade de Tucson, que influíu nos programas planetarios da NASA.