Küng, Hans  

Küng, Hans  

(Sursee, Suíza 19.3.1928) Téologo suízo. Foi profesor de teoloxía fundamental, dogmática e ecuménica na Universidade de Tübingen (1960-1996). Entre 1962 e 1965 foi consultor teolóxico do Concilio Vaticano II, pero foi condenado pola Sagrada Congragación para a Doutrina da Fe do Vaticano (o antigo Santo Oficio) en 1979 polas súas opinións sobre a infabilidade do papa, a abolición do celibato e os posibles erros históricos en que puido caer o Concilio Vaticano, e revocóuselle a facultade para o ensino como católico. Dirixe a Fundación Ética Mundial (Welethos), entidade dedicada á investigación intercultural e interrelixiosa que defende unha ética mundial. Publicou Unfehlbar? Eine Anfrage (A infabilidade? Un interrogante, 1970), Existiert Gott? (Deus existe?, 1978) e Ewiges Leben? (Vida eterna?, 1982).

Palabras veciñas

Kunene | Kunert, Günter | kung fu* | Küng, Hans   | Kunguriano | kunguriano -na | Kunlun