amén
amén
(< baixo lat amen < gr ἀμήν < hebr āmēn ‘verdadeiramente, así sea’)
interx
[RELIX]
Palabra de orixe hebrea que significa ‘isto é verdade’ e tamén ‘isto é desexable’. Emprégase na liturxia cristiá, co significado de ‘así sexa’, para concluír as oracións e manifestar deste xeito o acordo e adhesión con aquilo que se dixo na oración.
Frases feitas
-
Dicir amén a algo. Consentir en todo sen poñer pega ningunha. Ex: Sempre di amén a todo o que lle di seu pai.
-
Por un amén que non quede. Que non se pode deixar sen rematar un traballo por un último esforzo. Ex: Por un amén non nos deixedes sen luz outro día máis.
-
Nun amén. Ó momento. Ex: Nun amén a comida voou do prato, tanta era a súa fame.