Amor
Amor
(< lat amor)
-
[ONOM]
Apelido procedende dun alcume
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Castro-Urdiales (Santander) dende onde se espallou a Asturias, Chile, Castela e Galicia. Os de Castropol asentaron casais en Conforto, concello da Pontenova (Ribadeo), en Carral e na Fonsagrada. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de goles, engolada en cabezas de dragóns de sinople e acompañada de dous lobos andantes, de sable; bordo de prata, cargado de oito armiños de sable.