asentado -da

asentado -da

(< asentar)

  1. p reg

    de asentar.

  2. adx

    Que está colocado de maneira que queda fixo e seguro.

    Ex: A mesa xa non se move, quedou ben asentada. 

  3. adx

    Que está apoiado nunha superficie que o sostén.

    Ex: A muralla está asentada sobre uns terreos pouco firmes. 

  4. adx

    Que foi posto por escrito, anotado ou rexistrado.

    Ex: O fillo quedou asentado no rexistro de Ourense. 

  5. adx

    Que presenta un gume suavizado.

    Ex: As tesoiras das costureiras son moi asentadas para poder cortar con facilidade. 

  6. adx

    Que está fundamentado noutra cousa.

    Ex: Os experimentos ratificaron que a súa teoría estaba ben asentada. 

  7. adx

    Que é sosegado ou prudente e obra con fundamento.

    Ex: É un home moi asentado, non fai nada sen o pensar ben. 

    Sinónimos: cabal.
  8. adx

    Dise do edificio ben formado e que ten bos alicerces.

    Ex: Os terremotos afectan menos as construcións ben asentadas. 

  9. adx

    Que está claro, especialmente aplicado á bebida que presenta no seu fondo o pouso.

    Ex: O taberneiro serviunos un viño asentado pero aínda así sabía a pouso. 

  10. adx

    Que acae ben ao corpo.

    Ex: É unha modista moi boa sempre fai unha roupa moi ben asentada. 

  11. adx

    Que quedou a vivir nun sitio.

    Ex: Leva asentada nesa cidade vinte anos. 

  12. s f

    Tempo que pasa mentres alguén está sentado.

    Ex: Na excursión aproveitamos a asentada para xantar.

Frases feitas

  • Dunha/nunha asentada. Dunha soa vez, sen interrupcións. Ex: Fixen o traballo para clase nunha asentada.

Palabras veciñas

asentada | asentadeiras | asentado -da | asentado -da | asentadoiro | asentador | asentamento