atención

atención

(< lat attentiōne ‘atención’)

  1. s f

    Acción e efecto de atender.

    Ex: Debemos conducir con atención. 

  2. s f
    1. Acción de fixar o pensamento nalgunha cousa, de aplicar o entendemento ou os sentidos sobre algo.

      Ex: Pór atención no traballo. Prestar atención ós sinais, chamar a atención. 

    2. Disposición interior preparatoria para unha percepción determinada.

      Ex: Todo o mundo esperaba con moita atención. 

    3. [PSIC]

      Capacidade de enfocar diversas partes dunha experiencia de forma que se fagan máis vivas, máis claras, máis exactas e máis conscientes. Implica que as funcións psíquicas son utilizadas no grao máis alto da súa capacidade de rendemento. O grao de atención é variable, e o seu debilitamento é causa de erros. O fenómeno da atención acompáñase de modificacións sensoriais, da postura, do ton muscular e do sistema nervioso central.

  3. s f

    Demostración de consideración, xentileza, cortesía ou afecto.

    Ex: Tivo a atención de invitarme. Ter atención cara ós forasteiros. 

    Confrontacións: agasallo.
    1. Exclamación empregada para advertir que se aplique especial coidado no que se vai facer ou dicir.

      Ex: Atención, coloque ben os esquís! 

    2. [BÉL]

      oz preventiva con que se advirte aos soldados formados de que se vai empezar un exercicio ou manobra.

Frases feitas

  • Chamar a atención Espertar interese ou curiosidade algo ou alguén. Ex: Levaba un vestido tan axustado que chamaba a atención.

  • Ter unha atención con alguén Facerlle un agasallo. Ex: Tiven unha atención con Carme porque lle estou moi agradecida.

  • Chamarlle a atención Reprender a alguén. Ex: Chamoulle a atención un garda por ter o coche mal aparcado.

  • En atención a Atendendo a, tendo presente. Ex: En atención á súa carta do outro día, resolvemos concederlle o proxecto.

Palabras veciñas

Atenas, Escola de | atenazar | atención | atención | atender | atendible | atendido -da