axexo
axexo
(< axexar)
-
s
m
Acción e efecto de axexar.
Ex: Conseguiu o autógrafo do seu actor favorito despois de varias horas ó axexo.
Sinónimos: asexo, esculca, espreita, esculca. -
s
m
[MAR]
Técnica que define a pesca feita na primeira marea para a captura da sardiña; por norma practícase de 6 da tarde a 12 da noite. A este xeito de faenar dáselle o nome completo de pesca ao axexo.
Sinónimos: asexo.
Frases feitas
-
Ao axexo loc adv Espiar ás agachadas. SIN: á esculca, á espreita. Ex: Estiven toda a noite ao axexo, agardando polo ladrón de coches.