broche

broche

(< fr broche < latbroccu)

  1. s m

    Obxecto de dúas pezas, de metal ou outro material duro, que enganchan entre si para xuntar dúas partes dun vestido ou dúas partes de calquera outra prenda ou cousa que se pecha de maneira semellante.

    Ex: A modista xa lle coseu o último broche ó vestido. Rompeulle o broche da cadea e non puido levala á festa. 

  2. s m

    Xoia ou adorno, de distintas formas e materiais, que se leva prendido na roupa.

    Ex: Polo seu aniversario regalámoslle un broche de acibeche con forma de flor. 

  3. s m

    Obxecto metálico que serve para pechar as pastas dos libros.

  4. s m

    Avultamento de pequeno tamaño que lle sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    Sinónimos: abrocho, brote, broulla, gomo.

Frases feitas

  • Broche de ouro. Final brillante ou ostentoso de algo. Ex: O broche de ouro das festas foi a actuación de Berrog

Palabras veciñas

brochante | brochantita | broche | broche | brochear | brocheira | brocheta