categórico -ca
categórico -ca
(< lat categorĭcu < grκατηγορικὀV)
-
adx
Que afirma ou nega dunha maneira absoluta, concluínte, sen vacilacións, restricións nin excepcións.
Ex: Respondeulle cunha negación categórica. Sempre foi categórico nas súas decisións.
Sinónimos: contundente, indiscutible, tallante, terminante. -
adx
[FILOS]
Relativo ás proposicións simples de índole predicativa ou atributiva. Desde Kant, é habitual o emprego do termo categórico para referirse ao xuízo que afirma ou nega simplemente un predicado dun suxeito. Lukasiewicz propuxo o emprego do termo nun sentido diferente, ao denominar categórico aquel sistema no que todas as interpretacións verifican e falsifican as mesmas fórmulas, ou son isomorfas.