cuberto -ta
(< latcoopertu, p p de cooperīre ‘cubrir’)
-
p irreg
de cubrir ou cubrirse.
-
adx
[HERÁLD]
-
Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.
-
Aplícase á copa ou ao copón provistos dunha tapa.
-
-
adx
Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.
-
s
m
Construción ao pé da casa onde se pode estar ou ter diversas cousas, ao abrigo da intemperie, especialmente na que se gardan os aveños de labranza.
Ex: Tiñan medo de que chovese e preferiron gardar a herba no cuberto.
Sinónimos: alboio, alpendre, cabanel, cabanón, chapitel, combarizo, pendello. -
adx
[ALIM]
Aplícase ao viño ben pigmentado, con cores densas.
Frases feitas
-
A cuberto loc adv Protexido por algo.
-
A cuberto de loc prep Protexido, amparado contra algo. Ex: Sempre estivo a cuberto das persecucións e as calumnias. Está a cuberto dos danos porque ten unha boa suma de diñeiro no banco.