culpabilidade
culpabilidade
(< culpa)
-
s
f
Circunstancia de ser culpable.
Ex: Non conseguiron demostrar a súa culpabilidade. Recoñeceu a súa culpabilidade nos feitos.
-
s
f
[DER]
Responsabilidade criminal. Para o culpable comporta a obriga de responsabilizarse dos prexuízos civís causados polo feito punible e a imposición dunha pena. O grao de culpabilidade determínase en función da participación no delito e das circunstancias concorrentes no feito delitivo.
-
[PSIC]
Consciencia de falta nun individuo, que se manifesta inconscientemente na súa conduta e lle inspira unha angustia diante dun crime non manifesto ou imaxinario. Se este sentimento é moi intenso, leva o individuo á neurose e incluso á loucura e desesperación.