dominion*

dominion*
s m

Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.

Palabras veciñas

Dominicos H.C. | dominio | dominio | dominion* | dominó | Domino, Antoine | Domino, Fats