dúo

dúo

(< lat duo ‘dous’)

  1. s m

    Composición ou fragmento musical para dúas voces ou instrumentos, con ou sen acompañamento.

    Ex: Interpretaron un dúo maxistralmente. 

    Sinónimos: dueto.
  2. s m

    Conxunto de dous intérpretes que cantan ou tocan xuntos.

    Ex: O dúo que formaban as sopranos era excepcional. 

    Sinónimos: dueto.
  3. s m

    Conxunto de dúas persoas que desenvolven unha acción ao mesmo tempo.

    Ex: Eses rapaces son o dúo de cangallos con máis sona da vila.

Frases feitas

  • A dúo. Entre dúas persoas. Ex: Cantou a dúo co seu mestre. Os dous amigos facíanlle as beiras a dúo.