embargo

embargo

(< embargar)

  1. s m [DER]

    Ocupación e retención dos bens ordenada pola autoridade xudicial, para satisfacer unha débeda ou unha responsabilidade pecuniaria, derivada dun delito, que priva o debedor ou responsable da facultade de dispor dos bens. En xeral, son embargables todos os bens, mobles e inmobles, coa excepción do leito do debedor, do seu cónxuxe e dos seus fillos, a roupa máis indispensable, os utensilios de traballo e unha parte do salario que permita facer fronte ás necesidades mínimas de supervivencia. O embargo pode ser preventivo, como medida de precaución, ou executivo, que precisa unha declaración de responsabilidade. O embargo abre a vía de apremio, pola que se taxan os bens embargados e se venden en poxa pública, para facer fronte ao pagamento da débeda pecuniaria, e mais as posibles recargas, intereses ou custos. Tamén se denomina embargamento.

  2. s m [DER]

    Suspensión da exportación dun ou varios produtos a un Estado como medio de presión ou sanción.

    Sinónimos: embargamento. Antónimos: desembargo.

Frases feitas

  • Non obstante loc adv A pesar de. SIN: así e todo, con todo, pero. Ex: Estaba enferma e non obstante foi traballar.

Palabras veciñas

embargamento | embargar | embargo | embargo | embarque | embarrado | embarrañar