furto

furto

(< lat furtu)

  1. s m [DER]

    Acción delitiva consistente en apoderarse, con ánimo de lucro, dun ben moble doutro contra a vontade do propietario, sen violencia ou intimidación das persoas e sen forzar as cousas furtadas.

  2. s m

    Cousa roubada.

Frases feitas

  • A furto loc adv De forma disimulada e sen ser visto. SIN: ás agachadas, ás escondidas, ás furtadelas. Ex: Entroulle na casa a furto.

Palabras veciñas

furtivismo | furtivo -va | furto | furto | furuncho | furúnculo | furunculose