instancia

instancia

(< lat instantĭa)

  1. s f

    Escrito formulístico co que se solicita oficialmente algo á administración.

    Ex: Presentei unha instancia para poder edificar na miña propiedade. 

  2. s f [FILOS]

    Impugnación da resposta dada a un argumento.

Frases feitas

  • A instancia de loc adv A petición de.

  • En última instancia loc adv Como derradeira oportunidade ou recurso. Ex: En última instancia serán os tribunais os que decidan.