menos
(< lat minus)
-
adv
En menor cantidade, grao ou intensidade. OBS: Pode expresarse dunha maneira absoluta ou en comparación con algo.
Ex: Teu irmán colleu menos castañas ca ti. Decidiuse polo menos atrevido de todos. O que menos preciso agora é a túa compaixón.
-
prep
A excepción de, fóra de.
Ex: Menos ese que tes á dereita, calquera bolso me gusta.
Sinónimos: agás, bardante, excepto, sacando, agás, bardante, excepto. -
s
m
[MAT]
Signo da subtracción e dos números negativos (-).
-
s
pl
A minoría.
Ex: De todos os exames que corrixín, os aprobados son os menos. Das miñas amigas, as menos quixeron ir ao concerto.
Frases feitas
-
A menos que loc conx Coa condición de. Ex: Non vou contigo a menos que me pidas desculpas.
-
Ao menos/polo menos loc adv Como mínimo. Ex: Ao menos deixádelle falar. Ao menos serían seis ou sete.
-
De menos. En cantidade menor do que se considera normal. Ex: Botoulle unha culleriña de menos.
-
Facer de menos/facer menos de. Tratar con falta de respecto.
-
O de menos. O menos importante. Ex: Para min o de menos é saber quen o fixo.