tal
(< lat tale)
-
ident
Fai referencia a algo xa expresado con anterioridade.
Ex: Nunca oín tal cousa.
-
ident
Expresa a intensidade de algo, destacándoa.
Ex: Levou tal susto que case non o conta.
-
ident
Fai referencia de forma indeterminada a algo que se nomea, sen precisalo.
Ex: Chamo a tal persoa e xa o soluciona todo.
-
adv
Así, desta maneira.
Ex: Tal me falou, que non souben que contestar.
Frases feitas
-
(Ser) tal para cal (Ser) moi parecidas dúas persoas, especialmente no malo.
-
Coma tal Emprégase para introducir un exemplo ou explicación.
-
De tal...tal... Serve para poñer en relación dous elementos que se corresponden, comparándoos. Ex: De tal pai, tal fillo.
-
Que tal? Úsase para saudar ou preguntar a alguén como está.
-
Se tal Se é preciso.
-
Si/non tal Reforza a expresión de afirmación ou negación.
-
Un tal Seguido de nome propio, indica unha persoa descoñecida ou pouco coñecida.
-
Con tal (de) que loc conx Indica condición.
-
Fulano de tal Emprégase para designar a unha persoa sen indicar o seu nome propio.
-
O/a tal O apropiado ou idóneo.
-
Tal cal/tal (e) como loc adv Da mesma maneira que se indica.