rabo

rabo

(< lat rapu ‘nabo’)

  1. s m

    Prolongación da columna vertebral en moitos vertebrados.

    Sinónimos: rabeira.
  2. s m

    Extremidade posterior dalgúns animais que non son mamíferos.

  3. s m

    Parte alongada que sobresae de algo e por onde se agarra.

  4. s m

    Parte dunha folla ou dun froito que a une á planta.

  5. s m

    Parte traseira de calquera cousa.

  6. rabo de carneiro [PLANTA]

    ceruda.

  7. rabo de culler [ANIMAL/ORNIT]

    ferreiriño rabilongo.

  8. rabo de lebre [PLANTA]

    Planta herbácea anual, de ata 40 cm de altura, con talos ergueitos, follas pubescentes con lígula pilosa, inflorescencias en panícula e espículas con glumas pilosas e lanceoladas e lemas con 5 nervios. Florece de maio a agosto en lugares areosos preto do mar de Europa Occidental e do Mediterráneo e emprégase como planta ornamental.

  9. rabo de porco [PLANTA]

    Planta herbácea con follas alternas, grandes e divididas, flores pequenas amarelas pentámeras e froito moi comprimido dorsalmente. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas, astrinxentes e emenagogas.

  10. rabo de raposa [PLANTA]

    leiburiña.

  11. rabo de raposo [PROTISTA]

    madeixo.

  12. rabo de rato [PLANTA]

    Planta anual, de ata 10 cm de altura, con follas enteiras e lineares, e flores amarelas de pequeno tamaño e solitarias. Florece en primavera en campos e prados húmidos.

Frases feitas

  • Ao rabo. Andar pegado a alguén. Ex: Deixa de andar ao rabo meu.

  • Fuxir/marchar co rabo entre as pernas. Marchar avergoñado.

Palabras veciñas

rabizar | rabizo | rabo | rabo | Rabo de | Rabo do Espalladeiro | Raboa, A