pobre

pobre

(< lat paupere)

    1. Que ou quen ten poucos bens.

      Ex: Son xente pobre pero honrada. 

    2. adx

      Que conta con recursos insuficientes.

      Ex: No cumio tamén estaban representados os paises pobres. 

    3. Que ou quen é de baixa condición social.

    4. Persoa que vive da caridade.

      Sinónimos: indixente, mendigo.
  1. adx

    Que ten algo de xeito escaso.

    Ex: Son terras moi pobres. Era un libro pobre en recursos. É un mineral pobre en ferro. 

  2. adx

    Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.

    Ex: Pobre animaliño! É un pobre home!

  3. [RELIX]
    1. Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.

    2. pobre católico

      Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.

  4. arte pobre [ARTE]

    Utilización estética dunha certa clase de obxectos extraídos do uso da vida cotiá, cunha finalidade dominantemente estética.

  5. pobre de espírito
    1. [RELIX]

      Persoa consciente da propia insuficiencia que espera todo de Deus. A súa felicidade non lle vén do feito de ser pobre, senón do feito de que deixará de selo coa chegada do Reino de Deus.

    2. Persoa que é demasiado inxenua ou pusilánime.

  6. pobre de Iavé [RELIX]

    Aplícase a toda persoa desafortunada, enferma ou indefensa, segundo a Biblia, como o inmigrante, o orfo, a viúva ou o oprimido. Nas benaventuranzas son os privilexiados do Reino de Deus.

Frases feitas

  • Pobre de (ti, el...)! Expresa ameaza. Ex: Pobre del como non coma o caldo!

  • Meu pobre/pobriño. Expresión coa que se manifesta pena por alguén, ás veces con intención despectiva. Ex: Meu pobre pensa que é o máis listo do mundo!

Palabras veciñas

Pobra do Caramiñal, ponte da | Pobra, a | pobre | pobre | pobrense | pobreza | poceira