Siniestro Total
Grupo de Rock creado en Vigo en 1981. Composto inicialmente por Alberto Torrado, Julián Hernández e Miguel Costas, en 1988 converteuse nun quinteto coa inclusión de Segundo Grandío e Ángel González. En 1982 sacaron o seu primeiro disco Ayudando a los enfermos, e a finais de ese ano o primeiro disco de longa duración Cuando se come aquí?. Compartiron escenario, compoñentes e proxectos musicais con Golpes Bajos e Os Resentidos, entre outros. En 1991 crearon Loquilandia, unha produtora para xestionar os produtos do grupo. Da súa discografía destacan Menos mal que nos queda Portugal (1984), Bailare sobre tu tumba (1985), Me gusta como andas (1988), Made in Japan (1993), Sesión vermú (1997), La historia del Blues (2000), Qienes somos? De dónde venimos? Adónde vamos? (2002) e Popular, democrático e científico (2005). Tamén incluíron algún tema na banda sonora de filmes como El día de la bestia (1995) ou 800 balas (2002).