abacá
abacá
(
-
s
m
[PLANTA]
Especie semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas. Require solos permeables, un clima cálido con precipitacións abundantes distribuídas ao longo do ano e unha humidade permanente. Cultívase en Filipinas e na América Central. As follas proporcionan un filamento téxtil chamado cánabo de Manila.
-
s
m
[TÉXT]
Fibra téxtil de cor esbrancuxada, chamada tamén cánabo de Manila, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome. Lixeira, elástica e resistente, emprégase na fabricación de cordeis e cables, sobre todo para o mar, polo feito de ser menos alterable á corrosión da humidade ca o cánabo común.
-
s
m
[TÉXT]
Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome. O máis basto emprégase para a embalaxe, o máis fino en confección.