abacelar
abacelar
(< bacelo)
-
v t
[AGR]
Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.
Ex: Abacelei a leira que herdei de meu pai.
-
v t
[AGR]
Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente. É un método moi empregado para reproducir asexualmente as vides e algunhas árbores froiteiras.
Ex: Tentei abacelar esta cepa, pero partiu antes de enterrala.
Sinónimos: abarbar. -
v t
[AGR]
Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.
Ex: Non esquezas o sacho, senón non vas poder abacelar o millo.
Sinónimos: acoeirar, acolar, amontear, aporcar.