Abang
Abang
[ANTROP]
Nome dun orangután macho do parque zoolóxico de Basilea que aprendeu, grazas aos esforzos de R.V. S. Wright, a elaborar e empregar utensilios de pedra para obter alimento. Este feito supuxo, en 1971, unha pequena revolución na visión especista da primatoloxía. Na actualidade sábese que este caso se debeu a un proceso de aprendizaxe por imitación e perfeccionamento mediante tenteo e erro.