abarca

abarca

(< prerrom)

  1. s f pl

    Oco propio do gando bovino situado entre as costelas e os cadrís.

    Ex: As abarcas daquela vaca eran moi pronunciadas.

    Sinónimos: arcas, furada, illó.
  2. s f [ETN]

    Zoca de madeira.

    Ex: Con esta chuvia terei que poñer as abarcas para ir ó campo.

    Sinónimos: alabarca, tamanca, zoca, chanco.
  3. s f [ETN]

    Zoca de coiro sen curtir ou caucho que cobre a planta do pé e vai cinguida á perna cunhas correas despois de se cruzaren na empeña e no nocello.

    Ex: Encarguei unhas abarcas ó zoqueiro da vila.

    Sinónimos: chanca, galocho, zoco.