abarcar

abarcar

(

  1. v t

    Rodear cos brazos ou as mans.

    Ex: Abarcou a mesa e levantouna en peso.

    Sinónimos: abranguer, abrazar, cinguir.
  2. v t

    Conter ou comprender no seu seo certa cousa.

    Ex: Descoñezo toda a sabedoría que abarcan as Escrituras.

    Sinónimos: abranguer, comprender, incluír.
  3. v t

    Acadar coa vista.

    Ex: Subín ó monte do Castro e dende alí abarquei a ría de Vigo.

    Sinónimos: abranguer.
  4. v t

    Atender ou facer varias cousas a un tempo.

    Ex: De continuar con este ritmo, non poderei abarcar todo o traballo.

    Sinónimos: abranguer.

Refráns

  • A cabra que moito anda, pouco apaña.
  • Ó que moito quere agarrar, pouco lle dan a apreixar.
  • Quen moito abarca, pouco apreta.
  • Quen moito enfeixa,pouco ata.

Palabras veciñas

abarcable | abarcador -ra | abarcamento | abarcar | abarcular | Abardar | abareque
Conxugar
VERBO abarcar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarco
abarcas
abarca
abarcamos
abarcades
abarcan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcaba
abarcabas
abarcaba
abarcabamos
abarcabades
abarcaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarquei
abarcaches
abarcou
abarcamos
abarcastes
abarcaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcara
abarcaras
abarcara
abarcaramos
abarcarades
abarcaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcarei
abarcarás
abarcará
abarcaremos
abarcaredes
abarcarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcaría
abarcarías
abarcaría
abarcariamos
abarcariades
abarcarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarque
abarques
abarque
abarquemos
abarquedes
abarquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcase
abarcases
abarcase
abarcasemos
abarcasedes
abarcasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcar
abarcares
abarcar
abarcarmos
abarcardes
abarcaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abarca
-
-
abarcade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abarcar
abarcares
abarcar
abarcarmos
abarcardes
abarcaren
Xerundio abarcando
Participio abarcado
abarcada
abarcados
abarcadas