abasia

abasia

(< a + basia < grἀ ‘privación de’ + βἁσις ‘acción de andar’)

  1. s f [PAT]

    Imposibilidade de camiñar debido á perda de coordinación dos movementos musculares. Non se trata estritamente dunha parálise xa que o enfermo, sentado, pode mover as extremidades inferiores; a deficiencia enraízase na perda da ordenación dos movementos que interveñen na realización automática da función ambulatoria.

  2. abasia coreica [PAT]

    Abasia debida á non coordinación, propia dos enfermos que sofren corea de Sydenham.