abeleira
(< abelá)
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto caducifolio, de ata 8 m de altura, de cortiza grisalla. As follas de ata 12 cm son arredondadas ou anchamente ovadas, acuminadas e dobremente serradas. Os amentos masculinos, cilíndricos e pendurantes, aparecen no outono na árbore e non maduran ata a primavera seguinte, cando tamén aparecen as inflorescencias femininas con aspecto de xemas, cos estigmas sobresaíntes vermellos. Os froitos, as abelás, son noces, que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo, recubertas cada unha dun involucro folioso. Emprégase a súa madeira para cestos e bastóns, pero tamén para obtención de carbón para a fabricación de pólvora. Aparece en toda a Europa húmida. En Galicia predomina nas rexións media e montana chegando a constituír abeledos, relegado a ripisilva na zona costeira ou elemento do sotobosque das carballeiras no resto do país.
Sinónimos: abraira. -
abeleira da terra
[PLANTA]
Herba de follas basais enteiras e glabras, e rizomas con tubérculos globosos de ata 3 cm de diámetro, que semellan abelás. Os capítulos florais, de lígulas amarelas, preséntanse illados. Os froitos son aquenios de vilano liso. Aparece nos areais da costa galega e no resto do litoral meridional europeo.