abellaruco

abellaruco
Nome científico: [Merops apiaster, Fam dosmerópidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave duns 28 cm, de plumaxe verde azulada por baixo e castaña e amarela por riba en ambos sexos. As plumas centrais da cola son sobresaíntes, o peteiro longo e algo curvado cara a abaixo e as súas ás longas e afiadas. Aliméntase en voo de insectos de mediano ou gran talle, como himenópteros ou odonatos. Habita áreas abertas e pouco arboradas. De costumes gregarios e migradora estival, aniña en tobos practicados en noiros areosos. É unha especie circunmediterránea que ocupa o sur de Europa, o noroeste de África, o oeste de Asia e as illas mediterráneas. Está presente en toda a Península Ibérica agás a franxa cantábrica e os Pireneos. En Galicia só se atopa no surleste do país.

Sinónimos