abelleiro -ra
(< abella)
-
adx
Pertencente ou relativo ás abellas.
-
s
Persoa que coida as colmeas ou que se dedica á cría das abellas.
Ex: Veu o abelleiro e regalounos un bote de mel.
-
s
m
Niño construído polas abellas, xeralmente no tronco das árbores.
Ex: Non te achegues a aquela árbore que ten un abelleiro.
-
s
m
Gran cantidade de abellas, da mesma ou de distintas colmeas, que non forman un enxame.
Ex: Ó redor das roseiras do meu xardín hai un abelleiro.
Confrontacións: enxame. -
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
abellaruco.
-
s
m
[AGR]
Nome que recibe a variedade de uva branca coñecida habitualmente como albariño.
-
s
f
[PLANTA]
Herba perenne, de ata 70 cm de altura, de talos pilosos, follas ovaladas e crenadas que desprende un forte cheiro a limón. As flores son abrancazadas ou rosadas, coa corola bilabiada co labio superior erecto e o inferior trilobulado. En Galicia aparece de forma cultivada ou naturalizada en matogueiras e lugares sombríos. Empréganse as súas follas como medicamento depurativo, polas súas virtudes tónicas e estimulantes, e na festividade de san Xoán para adornar os marcos de portas e ventás e para aromatizar a auga coa que se lava a xente, co fin de protexerse de meigas e mal de ollo.
-
s
f
[PLANTA]
orquídea.