Abidos

Abidos

Poboación do Alto Exipto, situada na beira occidental do Nilo, aproximadamente a 90 km ao NO de Luxor. Contén un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do Exipto antigo xa que é o lugar que supostamente contén os restos de Osiris. Os monumentos arqueolóxicos máis relevantes son o templo e o cenotafio de Osireion de Sheti I, o templo de Ramsés II, o de Osiris e as necrópoles.

Palabras veciñas

Abidjan | Abidjan | Abidos | Abidos | abidueira | Abidueira | abidueiro