ablución

ablución

(< lat ablutiōne‘lavado, bautismo’)

  1. s f

    Acción de abluír ou abluírse.

    Ex: Antes de ir ó traballo realiza as súas ablucións matinais.

  2. s f [ALQ]

    Para os alquimistas, purificación da materia por sometemento á acción continuada do lume.

    Ex: Nos tratados de alquimia dise que a ablución purifica a materia.

  3. s f [RELIX]

    Purificación relixiosa dunha persoa xeralmente por medio da auga, baseada na crenza máxica de que o semellante produce o semellante, de modo que a pulcritude corporal acada ou implica a limpeza espiritual precisa para tratar coa divindade. No hinduísmo, practícase en forma de aspersión ou de baño, especialmente nun río sagrado. Entre os musulmáns vén prescrita polo Alcorán antes da oración; no caso de carencia de auga, a ablución, chamada seca, pódese realizar con area. O bautismo cristián é unha ablución inspirada na realizada por Xoán o Bautista no Xordán, pero cunha virtude interna conferida por Xesucristo.

    Ex: Os musulmáns europeos fan as súas ablucións todos os días.

  4. s f [RELIX]

    No rito cristián da misa, acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón.

Palabras veciñas

ablegar | ablepsia | Ablitas | ablución | abluír | abnaki | abnegación