aborixe

aborixe

(< lat aborīgĭne< ab ‘desde’ + orīgĭne ‘orixe’)

  1. s [ETN]

    Primeiro habitante dun país por contraposición ao que se estableceu con posterioridade, especialmente con referencia a pobos primitivos.

    Ex: Os aborixes daquela illa eran caníbales.

    Sinónimos: indíxena.
  2. adx

    Que naceu no mesmo lugar onde vive.

    Ex: Aquela especie era aborixe de Australia.

Palabras veciñas

abordaxe | abordelar | abordoar | aborixe | Aborixe, pico | aborrallado -da | aborrallar