abortivo -va

abortivo -va

(< lat abortīvu)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao aborto.

    2. Que pode facer abortar.

      Ex: Someteuse a un tratamento abortivo.

    3. Axentes que impiden chegar a bo termo unha empresa ou proxecto.

  2. s [MED]

    Substancia que provoca o aborto.

    Ex: O médico administroulle un abortivo pois a súa vida correría perigo con ese embarazo.

  3. criatura abortiva [DER]

    Criatura que non reúne as circunstancias esixidas para ter a condición de persoa, ou sexa, feto ou embrión que non ten figura humana ou que, aínda que a teña, non chega a vivir vinte e catro horas fóra do seo materno.

  4. práctica abortiva

    Manipulación que, coa dilatación do colo do útero ou o raspado da matriz, ten como finalidade provocar o aborto.

Palabras veciñas

abórtiga | abortista | abortividade | abortivo -va | aborto | Abotoado | abotoado -da