Abrantes

Abrantes
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente da Casa Real de Portugal. As súas armas levan, en campo de azur, catro corvos voantes en cada cantón que alternan con catro flores de lis de prata, entre eles, e unha estrela de prata, en punta. Outra variante trae escudo partido onde a primeira partición, cuarteada en cruz, leva primeiro e cuarto, sobre campo de goles, un castelo de ouro, e segundo e terceiro, sobre campo de prata, un león rampante, de goles, en tanto que a segunda partición presenta, en campo de prata, as cinco quinas de Portugal; o bordo é de goles e leva sete castelos de ouro, dous en xefe, dous nos flancos e tres en punta.