abrasión

abrasión

(< lat abrāsiōne‘acto de tirar raspando’< abrādere ‘raspar, furtar’)

  1. s f

    Acción de desgaste por frición.

  2. s f [CONSTR]

    Limpeza feita cun chorro de area, proxectada por medio de aire comprimido, sobre unha pedra. Emprégase para a conservación e restauración de fachadas.

  3. s f [EPIG]

    Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba; como resultado obtense un palimpsesto .

  4. s f [MED]
    1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.

    2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.

    3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.

    4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz viciosa.

  5. s f [PAT]

    Acción irritante dos purgantes drásticos.

  6. s f
    1. [PREHIST/ARTE]

      Técnica de gravado empregada habitualmente na realización de petroglifos que pode complementarse con outras para o remate da inscultura, por exemplo a frición; pode aparecer combinada coa percusión en determinados puntos do trazado.

    2. [ARQUEOL/TECNOL]

      En análise tecnolóxica, é a acción aplicada á supresión das cornixas dun núcleo, particularmente para facilitar a obtención de láminas.

  7. s f [TECNOL]

    Desgaste da superficie dun corpo, a causa da frición con outro máis duro, chamado abrasivo.

  8. s f [XEOG]

    Proceso de erosión ou desgaste das rochas por acción mecánica, rozamento ou frición, do vento, das augas en movemento, do xeo e das partículas que transportan. A acción das ondas mariñas sobre as costas rochosas pode producir plataformas de abrasión e acantilados.

  9. resistencia á abrasión [TECNOL]

    Resistencia dun material ao desgaste por rozamento.

Palabras veciñas

abrasar | Abrasax | abrasímetro | abrasión | abrasivo -va | abrasor | abrastol