abrazadeira
(
-
s
f
-
Peza metálica ou doutro material que serve para asegurar ou cinguir, mediante presión, algunha cousa; normalmente ten forma de anel e vai suxeita a certos corpos cilíndricos establecendo un bo contacto con eles.
Ex: O fontaneiro non tiña unha abrazadeira para poder unir as dúas pezas do vertedeiro.
-
Anel partido en dúas metades, unha das cales se fixa á parede e outra, desmontable, permite fixar unha cousa e cinguila.
Ex: Mercou na ferraxería as abrazadeiras que precisaba.
-
Anel de ferro que se emprega para manter cerradas as tenaces da forxa cando suxeitan un obxecto.
Ex: O ferreiro prendeu a ferradura cunha abrazadeira para poder forxala ben.
-
[INDUM]
Peza de metal que serve para asegurar unha peza de roupa cinguíndoa.
Ex: Rompeulle a abrazadeira do vestido e tivo que cambiar de roupa.
-
-
s
f
[BÉL]
Cada unha das defensas dos antebrazos. Dende comezos do s XV eran de ferro ou de aceiro.
Ex: Os cabaleiros no medievo levaban abrazadeiras para protexer os brazos nas batallas.
-
s
f
[MAR]
Barra de aceiro que nas naves de madeira reforza as cadernas.
Ex: Nos estaleiros de Fene empregan unhas abrazadeiras de boa calidade.
-
s
f
[MÚS]
Peza de metal, marfil ou calquera outro material que serve para asegurar a unión dos elementos de certos instrumentos musicais.
Ex: Púxolle unhas abrazadeiras novas para que soase ben o instrumento.
-
s
f
[TECNOL]
Peza que suxeita as follas das béstas da suspensión dos vehículos.
Ex: No taller cambiáronlle as abrazadeiras para ter boa suspensión.
-
s
f
[TÉXT]
Cordón que fixa as cortinas aos lados.
Ex: Suxeitou as cortinas con dúas abrazadeiras aos lados.