Abrente, Agrupación Cultural
Abrente, Agrupación Cultural
Sociedade cultural fundada en Ribadavia en decembro de 1969. Orientada especialmente á xuventude, desenvolve un amplo abano de actividades: conferencias, debates, concursos literarios, artísticos ou deportivos. Celebra recitais musicais, organiza exposicións de cerámica, serigrafías, pintura e representacións teatrais. Entre 1973 e 1980 organizou a Mostra de Teatro Galego e o Concurso de Obras Teatrais en Galego. Entre os gañadores do concurso destacan Manuel María, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xose Luís López Cid coas obras O meu mundo non é diste reino, Zardigot e Eilbrief, respectivamente.