absorciometría
(< absorción + metría
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Medida da absorción da enerxía radiada pola materia. A radiación emitida por un foco faise pasar alternativamente a través dunha mostra de materia dun grosor dado (por exemplo, unha solución) e dunha substancia supostamente non absorbente do mesmo grosor (por exemplo, o disolvente daquela solución). As intensidades da radiación emerxente en ambos os dous casos mídense polo detector axeitado. A absorciometría é unha importante técnica de análise química cuantitativa, que se realiza con aparellos chamados colorímetros ou absorciómetros, ou espectrofotómetros cando se traballa con radiación monocromática. Pódese empregar radiación de diversas zonas do espectro; a infravermella, a visible, a ultravioleta e os raios X, son as de uso máis xeneralizado.
-
absorciometría dual de fotóns
[MED]
Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns procedentes dun radioisótopo que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados. Proporciona un bo índice do contido mineral óseo.