Academia de Ciencias de Rusia
Institución científica de tipo xeral situada en Moscova, herdeira da Academia de Ciencias de Rusia fundada en San Petersburgo por Pedro o Grande (1725). En 1991 foi reestruturada e recuperou o seu nome primitivo, que entre 1925 e 1991 foi Academia de Ciencias da URSS. Estaba estruturada en seccións, que se correspondían coas catro grandes academias francesas do tempo da súa fundación. En 1991 tiña 332 membros numerarios, 570 correspondentes e 137 estranxeiros e editaba máis de 200 publicacións periódicas. O seu organigrama acolle 18 departamentos, que son: ciencias físicas, matemáticas e técnicas; química e ciencias biolóxicas; ciencias da terra; ciencias sociais; departamento siberiano de Novosibirsk; departamento de estudios do Extremo Oriente; departamento dos Urais e outras seccións e centros de investigación. Destes departamentos dependen máis de 400 institucións científicas. É a primeira institución de investigación científica de Rusia.