Acamapichtli
Acamapichtli
Primeiro Tlatoaní (soberano) azteca (1376-1396). Foi nomeado por Tezomoc, Rei tepaneca de Azcapotzalco, cando o pobo azteca se puxo ao seu servicio. Acamapichtli mantivo boas relacións coas veciñas cidades-estado de Cullhuacán e Azcapotzalco e, grazas á alianza entre tepanecas e aztecas, aumentou a influencia de Tenochtitlán polo val de México.