acanalado -da
(< acanalar)
-
adx
-
Que presenta na súa superficie canais, estrías ou sucos continuos ou regulares.
Ex: O coitelo ten o mango acanalado.
-
Que ten forma de canal.
Ex: Os desaugadoiros da catedral son acanalados e de pedra.
-
-
s
m
[TECNOL]
Conxunto de canais, dentes ou entalladuras mecanizados sobre a periferia dun eixe (acanalado exterior) e no interior do buraco central da peza que se encaixa (acanalado interior), que permite a transmisión de movemento e forza entre ambas as dúas partes.
-
adx
[HERÁLD]
-
Peza que ten os perfís exteriores formados por pequenos semicírculos unidos polas puntas, de contorno ondulado, orientados con formas de pico cara ao interior da peza.
-
Aplícase á liña de partición formada por pequenos semicírculos unidos polas puntas cara ao interior da primeira partición.
-
-
s
m
[TÉXT]
Tipo de ligadura derivado do tafetá na que os cordóns superficiais producidos polas bastas da trama e do urdido se separan por uns sucos ou canais ben pronunciados.